Galicia

@Mariangami, deputada do PP, afirma que haberá centro de saúde en Bouzas

A deputada do Partido Popular Marián García Míguez asegurou este xoves no Parlamento de Galicia que “haberá centro de saúde en Bouzas, e a súa construción está incluída no proxecto de orzamentos da Xunta para 2019”.

García explicou que o centro de saúde de Bouzas “concíbese como complementario ao centro de saúde de Navia,” logo da revisión que se fixo do plan funcional inicial dado que na actualidade “o número de usuarios atendidos en Navia é moito menor que a capacidade para o que foi dimensionado. Este centro, aberto hai seis anos, deseñouse para atender a 45.000 usuarios, e inicialmente tivo 5.400 e hoxe ronda os 14.700”, apuntou.

A xuizo da deputada do PP, “deste xeito, faise necesario ter en conta o mapa global de centros e recursos da cidade e dimensionar axeitadamente os servizos en función das necesidades”.

También te puede interesar