Comarcas Destacados

Adxudicado o novo centro de saúde de Salceda que estará rematado en 15 meses

O Goberno de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publica este xoves a adxudicación da construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas por un importe de 1.679.168,28€ e cun prazo máximo de execución de 15 meses. 

A nova infraestrutura sanitaria contará cunha superficie construída de 1.321 m2, o que supón un incremento de 863 metros cadrados (un 188% máis), respecto ao espazo do actual centro de saúde, que conta cunha superficie de 458 m2.

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) xa presentou hai uns meses o proxecto de construción deste novo edificio da rede sanitaria pública galega. A superficie quedará distribuída nunha entrada con vestíbulo e zona de recepción e na área de asistencia sanitaria contémplase 5 consultas de medicina xeral, 5 de enfermería, 1 consulta polivalente, 1 sala de técnicas, 1 sala de extraccións, 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería pediátrica e 1 consulta para matrona.

Disporá tamén de arquivo con historias clínicas, biblioteca/sala de xuntas, aseos e vestiarios, ademais doutros espazos con servizos comúns.

Na actualidade, o concello pontevedrés de Salceda de Caselas dispón de 7.832 tarxetas sanitarias adscritas, das que 1.391 son de pacientes en idade pediátrica.

 Novos centro de saúde na área sanitaria de Vigo

Segundo indica o Goberno galego, o Servizo Galego de Saúde, ademais do inicio das obras en Salceda, puxo en funcionamento os novos centro de saúde dos concellos de Oia, Nigrán, Tui e Taboada Leal,  en Vigo.

También te puede interesar