Cultura Galicia

A lucense María Xesús Lama, ‘Premio Nacional de Ensaio 2018’

A filóloga e profesora de Literatura María Xesús Lama (Lugo, 1964)vén de ser distinguida este xoves co ‘Premio Nacional de Ensaio 2018’, que concede o Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra “‘Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)”.

O xurado deste premio elixiu esta obra por “contribuír a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro que estaba atada a unha visión romántica e chorosa, amosando a unha escritora lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social”.

María Xesús Lama estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade de Barcelona en 2002 cun traballo sobre a apropiación de temas das lendas celtas e de temas propios de Bretaña pola literatura galega contemporánea e na actualidade é profesora titular de Literatura Galega na Universidade de Barcelona.

Lama é tamén autora de traducións do alemán e do inglés ao galego e colabora habitualmente en diversas revistas literarias. Escribiu as obras ‘O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: cara a construción dun contra-discurso histórico de ficción na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín’ e a premiada hoxe, ‘Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)’.

También te puede interesar