Cultura Galicia

A lucense María Xesús Lama, ‘Premio Nacional de Ensaio 2018’

A filóloga e profesora de Literatura María Xesús Lama (Lugo, 1964)vén de ser distinguida este xoves co ‘Premio Nacional de Ensaio 2018’, que concede o Ministerio de Cultura e Deporte, pola súa obra «‘Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)».

O xurado deste premio elixiu esta obra por “contribuír a revisar unha imaxe tópica de Rosalía de Castro que estaba atada a unha visión romántica e chorosa, amosando a unha escritora lúcida, independente e defensora da liberdade, a igualdade e a xustiza social”.

María Xesús Lama estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade de Barcelona en 2002 cun traballo sobre a apropiación de temas das lendas celtas e de temas propios de Bretaña pola literatura galega contemporánea e na actualidade é profesora titular de Literatura Galega na Universidade de Barcelona.

Lama é tamén autora de traducións do alemán e do inglés ao galego e colabora habitualmente en diversas revistas literarias. Escribiu as obras ‘O celtismo e a materia de Bretaña na literatura galega: cara a construción dun contra-discurso histórico de ficción na obra de Xosé Luís Méndez Ferrín’ e a premiada hoxe, ‘Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.