Galicia

44 persoas feridas en accidentes de tráfico a pasada fin de semana, en Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 44 persoas debido a 35 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 2 e as 12 menos un minute da noite deste domingo, 4 de novembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 51 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 35 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 44 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 44. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 38 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres ocasións.

En 38 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar