Comarcas Destacados

@AsNevesConcello e @OneOakBrand plantarán os días 10 e 11 deste mes 1.500 árbores no lugar no que comezou o lume que arrasou a vila

O Concello de As Neves, en colaboración coa empresa “ONE OAK” – a través do seu proxecto Renacer – as comunidades de montes, “voluntariadoasneves”, e coa túa axuda, vai a levar a cabo a plantación de 10.000 árbores autóctonas, reforestando o “Sendeiro dos pescadores” na contorna do río Miño, un vieiro que y une Galicia e  Portugal e por onde hai un ano que entrara o lume.

Nas primeiras xornadas de reforestación, que se van levar a cabo os días sábado 10 e domingo 11 de novembro, de 9 e media da mañá a 1 e media da tarde,o obxectivo é a plantación de 1.500 árbores entre freixos, bidueiros e castiñeiros.

También te puede interesar