RGPD - Cookies
Comarcas

@carmelasilva comprométese a visibilizar ás mulleres con diversidade funcional en todos os actos de @depo_es

A presidenta da Deputación comprometeuse durante a xornada técnica do III Encontro Provincial pola Inclusión a que “en cada acto que organice a Deputación para defender os dereitos das mulleres, as mulleres con diversidade funcional van participar”.

Carmela Silva asegurou que esta decisión débese a que “as mulleres con diversidade funcional teñen as mesmas desigualdades que todas nós, pero ademais sofren unha segunda desigualdade”.

Silva tamén informou dun dato “que nos ten que alarmar para tomar medidas: o 23% das mulleres con diversidade funcional sufriu ou sofre violencia física, sexual ou medo, fronte ao 15% das mulleres sen diversidade funcional”. Por todos estes motivos, “ímolas facer visibles, na Deputación vaise acabar esta situación».

A presidenta da Deputación  lembrou que “na provincia de Pontevedra hai preto de 85.000 persoas con algún tipo de diversidade funcional recoñecida”, sendo “a provincia galega cunha maior porcentaxe de persoas con diversidade funcional, cun 9% fronte ao 8,3% de Ourense, o 8,2% da Coruña e o 6,3% de Lugo”.

Carmela Silva sinalou que delas algo máis do 35% son activas para o mercado laboral, pero “a taxa de emprego sitúase no 25% no Estado e no 21% en Galicia”, denunciou. Ademais, no que se refire á diversidade funcional intelectual, os datos amosan que das 92.000 mulleres que padecen algún tipo “20.000 están preparadas para traballar e só 6.000 están ocupadas, é dicir, só o 6% delas”. Ademais, “este dato fala moi particularmente da desigualdade, porque no caso dos homes esta mesma cifra se sitúa arredor do 12%”.

También te puede interesar