Comarcas

O Concello de Redondela fará unha recuperación integral das súas famosas pontes sobre os ríos Maceiras e Alvedosa

O Concello de Redondela contratou a pasada semana, en 18.000€, os traballos de reparación das pontes de madeira do Paseo do Maceiras, o da Xunqueira, a Ponte da Alameda e a de Santa Mariña.

Segundo salienta a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela, “estas pontes atopábanse deteriorados polo paso do tempo polo que se realizará un traballo de recuperación integral”. A  mesma consitirá no lixado e limpeza, aplicación de fondo protector insecticida, funxicida e termicida para madeira exterior, aplicación de verniz satinado color madeira e a reposición de pezas que se atopen en mal estado.

Doutra banda, o Paseo da Portela será reparado nos vindeiros meses polos alumnos da especialidade de carpintería do Obradoiro Municipal de Emprego Xoven.

También te puede interesar