Galicia

Os exames da convocatoria extraordinaria do Celga 2 e do Celga 4 serán o 17 e o 24 de novembro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución do 15 de outubro de 2018 pola que se fixan as datas de realización das probas convocadas mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018 para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4 para os días 17 e 24 de novembro de 2018.

Nesta convocatoria extraordinaria – a segunda, tras a de xuño- están admitidas provisionalmente un total de 1.001 persoas entre Santiago de Compostela e Ponferrada: 740 delas para o Celga 4 (611 na capital de Galicia e 129 na leonesa) e 261 para o Celga 2 (228 en Santiago e 33 en Ponferrada). Os lugares de realización serán a Escola Oficial de Idiomas ponferradina (para os dous niveis), o IES Antonio Fraguas (Celga 4) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP, Celga 2).

As persoas interesadas poden atopar máis información sobre esta convocatoria no Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

También te puede interesar