Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo pide medidas reais e non “remendos” para acabar coa pobreza na cidade

Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo, lembrou este mércores que  lembra que “somos xa a cidade galega onde se detecta o maior aumento de solicitudes da RISGA [Renda de Inserción Social de Galicia]nos pasados anos, triplicándose dende o inicio da crisea pobreza está incrementándose exponencialmente día tras día. Na nosa cidade esa cifra xa supera o 20% segundo os últimos datos que ofrecía EAPN-Galicia”.

Marea de Vigo cualifica como ‘remendo’ o que está facendo o goberno local en materia de política social, e pon como exemplo a fragmentación que se está a facer coas axudas, pola que este ano, a mesma familia co mesmo nivel de ingresos e a mesma problemática que o ano pasado, está recibindo importes moito menores.

Barreiro criticou que o Goberno local utilice argumentos como que o aumento do orzamento do servizo de Axuda no Fogar sexa unha decisión para mellorar as políticas en materia social, “cando a realidade é que nin é unha opción da entidade local nin hai garantías de que con ese aumento melloren as condicións laborais das traballadoras do servizo nin das persoas usuarias, tendo como única certeza o feito de  que a empresa que o xestiona, Clece, do grupo ACS, vai obter maiores ingresos”.

No pasado ano,  o Grupo Municipal da Marea de Vigo presentaba unha moción para dotar a Vigo dun ‘Plan Local contra a Pobreza’, onde se contiñan unha serie de medidas para mellorar a vida das persoas en situación de exclusión, evitar a situación de rúa e desamparo e polo tanto, traballar en parello para reducir a pobreza.

A concelleira de Marea de Vigo lembra que esta moción foi rexeitada ao contar cos votos en contra do PSOE, mais o seu grupo insiste na necesidade da adopción de medidas desde o ámbito municipal. Neste ano 2018, o grupo municipal levaba ao Pleno outra moción cuxo principal obxectivo baseábase na incorporación das medidas necesarias para que as cuantías da RISGA se achegasen ao marcado no indicador AROPE, neste caso apoiada polo grupo socialista ao estar enteiramente dirixida a instar á Xunta.

También te puede interesar