Cultura Destacados

Limpeza de praias o vindeiro sábado, día 20, en Alcabre

O vindeiro sábado 20 de Outubro a delegación de ADEGA-Vigo (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia) participará dentro da VII Limpeza Simultánea de Praias realizando unha xornada de limpeza de lixo nas praias de Alcabre.

A actividade dará comezo ás 10 e media da mañá  e prolongarase até a 1 e media da tarde. O punto de encontro será diante da Asociación de Veciños  A Nosa Terra (camiño da Igrexa nº 1, Alcabre).

O obxectivo das limpezas de praias é a de eliminar parte dos residuos que están nas praias así como dar unha chamada de atención sobre a problemática do lixo mariño. A insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación están detrás deste importante problema ambiental.

También te puede interesar