Destacados Sucesos

8 persoas detidas e 44 investigadas por vender vieiras que multiplicaban por catro a taxa de toxina legal

Axentes da Policía Autonómica e membros de Gardacostas, veñen de desartellar unha rede adicada á venda de vieira extraída irregularmente, deter a oito persoas e incartarse de 2.000 unidades deste marisco, que segundo informa o Goberno de Galicia, multiplicaba por catro a taxa de toxina aceptada legalmente.

O Xulgado  número 3 de Ferrol investiga a 44 persoas no marco da ‘Operación Concha’, durante a cal as mesmas foron acusadas de delitos contra a saúde pública e organización criminal. O operativo iniciouse tras detectar a un grupo furtivos que estaba a a extraer “grandes cantidades” de vieira da ría de Ferrol e dos arredores.

Os axentes averiguaron que os implicados utilizaban vehículos que non cumprían nin unha das medidas hixiénico-sanitarias, para transportar a vieira ás persoas encargadas da súa venda en varios concellos das Rías Baixas. Estes ‘distribuidores’-que recibían mercancía dous e tres veces á semana- a vendían, logo, a particulares, bares e restaurantes destas zonas.

También te puede interesar