Destacados Sucesos

3 mortos e 82 feridos en accidentes de tráfico nunha das peores fines de semana nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a 85 persoas debido a 60 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 12, e as doce menos un minuto da noite deste domingo, 14 de outubro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 60 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 85 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 81. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en 7 sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 64 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 6 accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en catro ocasións.

En 63 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 19 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e tres persoas resultaron falecidas no punto.

También te puede interesar