Ciencia y Tecnología Galicia

A Área Sanitaria de Vigo xerou o ano pasado 3 millóns de quilos de refugallos, deles 497.000 residuos ‘perigosos’

A Área Sanitaria de Vigo conta cun programa de reciclaxe  de residuos nos centros sanitarios que abrangue accións destinadas a segregar os residuos en todas as Unidades, e que aqueles como o papel, cartón ou o  plástico poidan ser reciclados con garantías.

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a formalización do contrato para o servizo de xestión dos residuos perigosos e non perigosos dos centros dependentes da Área Sanitaria viguesa por un importe de 523.301,96€.

Segundo explica o responsable deste proxecto, Manuel Corbacho Fernández, “nos centros sanitarios xeramos un volume importante de residuos, e estamos en condicións de segregar con garantías de reciclaxe xa que, hoxe en dia, o persoal está plenamente concienciado da importancia da recollida selectiva intrahospitalaria destes residuos, co obxecto de aplicar as estratexias de redución, reutilización e reciclaxe que nos permitan chegar a ser un complexo hospitalario ecolóxico».

A organización sanitaria viguesa desenvolve un Plan de Xestión Avanzada e Ecolóxica que ten por finalidade a correcta clasificación dos residuos o que facilita o seu posterior tratamento, de xeito que só se eliminen con procedementos especiais aqueles realmente perigosos ou tóxicos que puidesen entrañar riscos para a saúde pública ou medioambientais, como son os biocontaminados, os citostáticos e restos de químicos.

No pasado ano, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) segregou para o seu reciclaxe 234.862 quilos de residuos non perigosos. Destes, cabe subliñar os 28.000 quilos de residuos orgánicos; 181.500 quilos de papel e cartón e  25.700 de plástico.

O CHUVI produce anualmente 3.036.393 quilos anuais de residuos, dos que aproximadamente 2,5 millóns -un  83%- son ‘Non perigosos’, e 497.806 -un 17%- ‘Perigosos’. Neste ultimo grupo cabe subliñar os 370.000 quilos de residuos biocontaminados  e  112.000 químicos.

Os hospitais de Vigo dispoñen de locais específicos para o almacenamento dos residuos. O  75% dos mesmos son xerados no hospital máis grande, no Alvaro Cunqueiro. “A  nova infraestrutura do recinto hospitalario posibilitounos dispor dunha  gran nave, específica e exclusiva para o almacenamento e xestión de residuos, emprazada lonxe do edificio central e de fácil acceso e manobra, que conta con dúas compactadoras, e  diversos  contedores para os diferentes tipos de residuos. Este novo dispositivo facilita a realización  dunha xestión dos residuos moi segregada e diferenciada para o seu posterior tratamento”, afirma Corbacho.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.