Galicia Vigo al minuto

Sanidade licita en 1,6 millóns o equipamento oftalmolóxico para varios hospitalesm entre eles o Meixoeiro

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vén de sacar a licitación a subministración de equipamento oftalmolóxico para o hospital da Mariña en Burela, hospital do Meixoeiro, hospital comarcal de Monforte, Hospital universitario Lucus Augusti (HULA) e para o Complexo hospitalario universitario de Ourense (CHUO).

En total, trátase dun investimento de 1.588.004 euros. No caso do Meixoeiro, o investimento estará parcialmente cofinanciado pola Unión Europea, nun 80%, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

O obxectivo da “licitación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación das áreas de referencia, mellorando a atención coa adquisición do equipamento necesario para o servizo de oftalmoloxía do novo pavillón do Hospital da Mariña”.

O equipamento obxecto da licitación está formado por ecógrafos, medición de geometría ocular y de lentes, biómetro-ultrasonidos portátil, biómetro, campímetro, lámpara de hendidura, láser fotocoagulador, láser yag, tonómetro de contacto-paquímetro, microscopio especular, tomografía de coherencia óptica, retinógrafo no midriático portátil, unidade de refracción, oftalmoscopios, optotipos, tonómetro, anxiógrafo-retinógrafo e microscopio cirúrxico de oftalmoloxía.

También te puede interesar