Ciencia y Tecnología Destacados

Redondela empeza a lembrar este sábado a ‘Batalle de Rande’, librada hai 316 anos

O alcalde de Redondela, Javier Bas, acompañado pola concelleira de Cultura, Teresa París, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez, presentaron no Museo Meirande, “no lugar onde hai 316 anos tivo lugar a Batalla de Rande”, a celebración da 5ª edición da batalla que terá lugar os días 13, 19 e 20 deste mes.

A conmemoración baséase na teatralización da mesma, da man de preto de 50 persoas: os seus principais protagonistas, as veciñas e veciños membros da Asociación Cultural e Deportiva de Rande, da man dos actores e actrices da compañía de teatro Kepler T&T, xunto coa colaboración dos membros do Club de Remo de Chapela.

Desfile o sábado polo centro de Redondela

O programa dará comezo este sábado, día 13, no casco urbano de Redondela, con batallóns, ‘armados’ con un canón e escoltados polo Exército Francés do Casco Vello de Vigo que, dende o mediodía desfilarán polo centro, saíndo da zona do Mercado.

O venres que vén, día 19, ás 7 da tarde no Museo Meirante, Pablo Quinteiro presentará a súa novela, ‘O Cofre de Rande’, e dará paso a unha conferencia.

Gran representación o sábado 20 de outubro

O sábado, día 20, en dúas sesións, no museo –ao mediodía e ás 5 da tarde- empezará a gran representación co desfile inaugural de personaxes; seguirá ás 13:15 h. da obra ‘Os Galeóns perdidos de Rande’; ás 7 da tarde será o ‘Asalto á fortaleza’; ás 9 da noite o ‘Afundimento’ e o espectáculo ‘Arde o mar’, e ás 10 da noite, chegará o momento do ‘Tenebrae’ e o fin da festa.

También te puede interesar