Cultura Galicia

O embaixador na UNESCO apoia as candidaturas das Cíes e da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

O embaixador delegado permanente de España ante a UNESCO, Juan Andrés Perelló Rodríguez, vén de ofrecer ao Goberno de Galicia a súa colaboración e apoio ás candidaturas a Patrimonio Mundial das Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas e Ribeira Sacra

Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas aporta o seu acreditado valor universal excepcional polo riquísimo patrimonio natural e cultural que albergan os arquipélagos de Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora. Tamén, a súa integridade territorial, os niveis de protección específicos dos que a dispón e, por último, a existencia dunha unidade de xestión.

Ribeira Sacra

O embaixador tamén apoairá a candidatura da Ribeira Sacra, cuxa previsión é presentala ante o Consejo de Patrimonio Histórico Español en marzo de 2019. Neste encontro decidirase o ano no que competirá a proposta, tendo en conta que o Ministerio, dentro de todas as candidaturas presentadas polas diferentes comunidades autónomas, só pode elevar unha cada ano ao Centro de Patrimonio Mundial da UNESCO.

Actualmente estase ultimando o expediente de declaración BIC, na categoría de Paisaxe Cultural, da Ribeira Sacra, un paso indispensable para promover a candidatura a Patrimonio Mundial. Neste sentido, cómpre resaltar que estes dous futuros recoñecementos suporán unha oportunidade histórica tanto para o desenvolvemento sostible da zona, como para reforzar o seu potencial turístico desde o punto de vista natural, cultural e mesmo enolóxico, o que o converterá nun destino único e singular que promoverá a dinamización económica da zona.

También te puede interesar