Comarcas Sucesos

@AsNevesConcello lembra os incendios que arrasaron a vila hai un ano

A vaga de lunes que arrasara Galicia o 15 de outubro de 2017 tivo a súa ‘Zona Cero’ en As Neves onde as lapas queimaron 4.000 hectáreas e deixaron a ducias de persoas sen casa e sen traballo

O Concello das Neves conmemora o vindeiro luns, día 15, o 1º aniversario da vaga de lumes que o 15 de outubro de 2017 arrasou máis de 4.000 hectáreas de monte, queimou preto de 30 casas e acabou con empresas do sector primario que daban emprego a ducias de veciñas e veciños.

O Goberno municipal lembrará ese día presentando a alumnas e alumnos da vila o proxecto ambientalista ‘O Monte nace na Escola’, ás 11 e media da mañá, que ten coma obxectivo comprometer as cativas e cativos, rapazas e rapaces dende a Escola Infantil ata o Instituto para incorporar elementos de convicción que garanta a supervivencia do medio ambiente nevense.

As medidas impulsadas polo Concello abranguen, ademais, o plan ‘Sementando Vida’,  coa axuda de One Oak, que posibilitará que dende o mes de novembro ata o mes de febreiro de 2019, se planten 10.000 árbores no ‘Sendeiro dos Pescadores, na contorna do río Miño, un vieiro que une as Neves con Portugal, e por onde hai un ano entrara o lume.

Do mesmo xeito, da man da Deputación de Pontevedra, e das Comunidade de Montes, está previsto plantar unha hectárea de castiñeiros en Tortoreos, e outros 7.000 en Vide, ademais de colaborar co ‘Grupo Naturalista Hábitat’ e Abanca na iniciativa ‘Unha nova árbore’, que fará posible plantar centos de árbores autóctonas en Sanomedio.

También te puede interesar