Galicia Vigo al minuto

Aprobadas humanizacións no rural de Vigo por máis de 5 millóns de euros

O Goberno local aprobou  este xoves os proxectos de humanización das seguintes zonas do rural de Vigo: Matamá (rúa Manuel Cominges, Camiño Carrazóns e rúa Abade Juan de Dios); Valladares (Estrada Zondal, Estrada Costa e Estrada do Freixo); Coruxo (Camiño Río da Barxa); Candeán (rúa Rabadeira); Bembrive (rúa Segade); Teis (Doutor Corbal); Beade (rúa Cabada, Becerreira, rúa Figueiras, rúa Fontaíñas de Arriba e Camiño Chamuscada); Lavadores (Camiño Pombal, rúa Santa Cristina, Camiño Sabaxáns, rúa Pardavila, Camiño Vello, rúa Cortellas, rúa Naia e rúa do Areeiro); Alcabre (Camiño Turido e Camiño Fontes); Sárdoma (Camiño Costa Peteta, Camiño Rioboo e Subida de Relfas); Oia (Camiño Cesáreo Vázquez e Estrada Igrexa Roteas); Saiáns (Baixada Praia) e, por último, Zamáns (Estrada de Vilaverde). Estes traballos, cun importe superior aos 2 millóns de euros, comezarán a finais de ano, mentres que en xaneiro arrancará outra quenda de obras por valor de 2,6 millóns.

Ao mesmo tempo, o a xunta de goberno tamén aprobou a clasificación de ofertas para a contratación de outro conxunto de obras de mellora que comezarán de xeito inmediato. Cun orzamento de preto de 250.000 euros, o Concello actuará en Cabral (rúa Fontiñas de Abaixo e Camiño Regueira); Lavadores (Subida Sello), Coruxo (Estrada Fragoselo) e Comesaña (Camiño Rial). Noutro lote e cun importe de máis de 15.000 euros, acometeranse obras en Matamá (Camiño Ribas) e Beade (rúa Seixo).

También te puede interesar