Galicia Sucesos

Concentración contra a violencia e os ataques machistas como o de Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa

O Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra vén de convocar para mañá, mércores, 10 de outubro, unha concentración de “condena de todo tipo de comportamentos e ataques machistas ás mulleres, e especialmente do machismo institucional dos cargos públicos”.

Baixo o lema de “Machismo institucional. Nin un minuto máis”, a concentración xurde en repulsa aos últimos insultos machistas do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e para reclamar o cesamento inmediato de calquera comportamento relacionado coas violencias machistas e coas distintas formas de discriminación e violencia que sufrimos as mulleres. A protesta terá lugar ás 8 da tarde no encontro da rúa Daniel de la Sota coa rúa Peregrina, na cidade de Pontevedra.

Esta concentración, á que se convoca a toda a cidadanía, enmárcase nas habituais convocatorias da Área de Igualdade da institución provincial, desde a chegada deste goberno á Deputación de Pontevedra, como protesta e en resposta a cada comportamento machista e de ataque ás mulleres polo feito de selo.

También te puede interesar