Comarcas

@depo_es aproba unha nova achega do Plan Concellos para a pista deportiva da Alameda, en Redondela

A deputada provincial Digna Rivas informou este xoves que o Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento destinado a Redondela ao abeiro do ‘Plan Concellos’: trátase dunha axuda de 3.341,11€ para financiar a subministración de equipamento deportivo para a pista deportiva da Alameda da vila.

O goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 464.770,58€ na liña 1 destinados a financiar o subministro de caucho para a mellora das condicións funcionais do céspede artificial de dous campos de fútbol 11, a reordenación do aparcadoiro anexo á alameda de Chapela, a subministración dun piano de cola para o edificio multiusos da Xunqueira, o subministro de dúas cortinas verticais para o pavillón polideportivo municipal A Marisma, a subministración dun palco modular para a celebración de distintos eventos na parroquia de Chapela, o saneamento no camiño Mouriño, Paparoxo e Subida Rabexa (Chapela), o subministro de megafonía para o pavillón polideportivo municipal A Marisma, pavillón municipal de Redondela e pavillón de Chapela, tamén para o acondicionamento e mellora da rúa Campo das Redes e rúa do Hospital, e para a renovación das redes de saneamento e abastecemento na rúa Patrimonio (Chapela) .

https://twitter.com/depo_es/status/1047811067127193600

No que corresponde á liña 2, a Deputación adxudicou 111.669,37 € para financiar dous gastos correntes novos: enerxía eléctrica e servizo de xestión tributaria. E tamén, outros 227.128,81 € foron destinados á financiación da contratación de 20 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 de emprego do Plan de Concellos 2018.

A Deputación destina este ano a Redondela, ao través do Plan Concellos, un total de 2.005.212,11 euros, un 72,85 % máis que no exercicio anterior.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.