Ciencia y Tecnología Galicia

O 061 iniciou esta noite pasada a actividade no novo centro da Estrada

O 061 iniciou esta noite pasada a súa actividade desde o Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) na Estrada. Ás 11 e media comezou a funcionar a central de coordinación situada no CIAE ao tempo que continuaba activa a central de coordinación de San Marcos en Santiago, indican dende o Goberno de Galicia.

“Progresivamente, a central da coordinación do 061 no CIAE foi incrementando a súa actividade ata as 2 da mañá de hoxe, en que as urxencias e emerxencias sanitarias de Galicia pasáronse a atender unicamente desde a central de coordinación situada na Estrada”.

A central de coordinación do 061 de Galicia recibiu a primeira chamada de asistencia sanitaria ás 23:32 procedente do Punto de Atención Continuada de Moaña. A primeira demanda sanitaria atendida correspondeu a un servizo no que se atendeu a unha persoa que necesitaba atención sanitaria urxente na vía pública no concello de Vilalba.

En total, entre as 11 da noite e as 8 da mañá a central de coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu 461 chamadas.

También te puede interesar