Ciencia y Tecnología Galicia

Á vista das previsións do tempo, seguen prohibidas en Galicia as queimas de restos agrícolas

O Goberno de Galicia informa de que as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguen prohibidas ata novo aviso, “tendo en conta as condicións meteorolóxicas actuais e as previsións para os vindeiros días”.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación do tempo e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume en tempada de alto risco.

A Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.

También te puede interesar