Galicia

O 24 de novembro acenden as luces de Nadal en Vigo, para tranquilidade das moitas axencias de viaxes interesadas

24 de novembro é a data decidida polas persoas que votaron na web municipal, durante os oito de días de duración da enquisa que pedía que se decidise entre ese día-que obtivo 740 votos- e o 17 dese mesmo mes-que foi elixido por  460 persoas-.

O alcalde explicou este venres que o alumeado de Nadal de Vigo “está a xerar unha gran expectación e son numerosas as persoas e axencias de viaxe que se interesaban pola data de acendido”. Así, Abel Caballero agarda que “milleiros de persoas” cheguen a Vigo co gallo da iluminación de Nadal, ademais de que “toda Galicia vai vir”.

En segundo lugar, o goberno de Vigo xa tramita o expediente de contratación da Cabalgata de Reis, que sairá por concurso público e permitirá ás empresas optar a participar no desfile. Caballero avanzou que o tema proposto para este ano será os espectáculos infantís: circo, teatro, danza ou titiles.

Doutra banda, Vigo contará este Nadal novamente cun “belén monumental”, segundo adiantou o alcalde quen asegurou que o do ano pasado recibiu a visita dunhas 45.000 persoas.

También te puede interesar