Galicia

O 24 de novembro acenden as luces de Nadal en Vigo, para tranquilidade das moitas axencias de viaxes interesadas

24 de novembro é a data decidida polas persoas que votaron na web municipal, durante os oito de días de duración da enquisa que pedía que se decidise entre ese día-que obtivo 740 votos- e o 17 dese mesmo mes-que foi elixido por  460 persoas-.

O alcalde explicou este venres que o alumeado de Nadal de Vigo “está a xerar unha gran expectación e son numerosas as persoas e axencias de viaxe que se interesaban pola data de acendido”. Así, Abel Caballero agarda que «milleiros de persoas» cheguen a Vigo co gallo da iluminación de Nadal, ademais de que «toda Galicia vai vir».

En segundo lugar, o goberno de Vigo xa tramita o expediente de contratación da Cabalgata de Reis, que sairá por concurso público e permitirá ás empresas optar a participar no desfile. Caballero avanzou que o tema proposto para este ano será os espectáculos infantís: circo, teatro, danza ou titiles.

Doutra banda, Vigo contará este Nadal novamente cun “belén monumental”, segundo adiantou o alcalde quen asegurou que o do ano pasado recibiu a visita dunhas 45.000 persoas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.