Comarcas

Dous de cada tres persoas participantes no Plan de Emprego do Concello de Redondela teñen traballo

A falta de dous meses para finalizar o Plan de Emprego VII,  cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, o 74% das persoas participantes  xa conseguiron un contrato de traballo.

Máis de 160 empresas da comarca foron visitadas polas Prospectoras Laborais dentro do Plan de Emprego  para a captación de ofertas de Emprego, ademáis este ano introduciuse como novidade formación en soldadura para poder acceder o Sector do Naval.

  • A tenente de alcalde e concelleira de Emprego, María del Carmen Amoedo, subliña que “ao longo dos 9 meses  que levamos de programa, 62 das  85 persoas participantes consiguieron un contrato de traballo e a día de hoxe”.

As contratacións acadadas foron principalmente nos postos de: operarios de producción no sector automoción e alimentación , operarios/as de limpeza industrial e limpeza de edificios, operarios/as de loxística. No sector de marketing e comunicación: teleoperadores; en atención sociosanitaria coidadores  a domicilio e en institucións; no sector hostelería: camareiros/as e axudantes de cociña e no sector alimentación: caixeiras-repoñedoras en supermercados.

También te puede interesar