Galicia

@FeijooGalicia cambia o Goberno e nomea conselleiros a José González, Fabiola García e Carmen Pomar

O presidente do Goberno de Galicia vén de nomear coma conselleiros a José Gonzaléz, diputado no Parlamento Galego por Ourense e inspector de Facenda, que pasa a ser o responsable de Política Rural-logo de que a súa titular, Angeles Vázquez pase a ser conselleira de a Medio Ambiente-; Fabiola García, a actual directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, que será a conselleira de Política Social, e Carmen Pomar, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e especialista en nenos con altas capacidades, que será a encargada de Educación.

Saen do Goberno Beatriz Mato, ata hoxe conselleira de Medio Ambiente, e José Manuel Rey Varela, de Política Social, que serán os candidatos do Partido Popular ás alcaldías de A Coruña e Ferrol.

O presidente aproveita a remodelación para facer cambios na estrutura do propio Goberno, de xeito que Cultura pasa a ser unha consellería aparte e abrangue Turismo, baixo a a dirección de Román Rodríguez, que deixa Educación; doutra banda, Vivenda deixa de estar na mesma consellería que Infraestruturas e pasa a ser parte da de Medio Ambiente.

También te puede interesar