RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

A Unidade de Arritmias de Vigo recibe a acreditación estatal de ‘Excelencia Asistencial’

equipo da Unidade de arritmias que realiza o seguimiento dos dispositivos cardiacos

O pasado ano, a Unidade de Arritmias realizou máis de 500 implantes de dispositivos cardíacos -marcapasos, desfibriladores  e holters-

O procedemento de “Seguimiento de Dispositivos de Estimulación Cardíaca”  realizado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) ven de recibir a acreditación nacional de ‘Excelencia’ outorgada pola Sociedad Española de Cardioloxía (SEC), en recoñecemento ao cumprimento dos estándares de calidade.

Nun contexto onde resulta necesario desenvolver estándares e guías de actuación que garantan a calidade dos procesos sanitarios, a Sociedad Española de Cardiología (SEC) otorgou a acreditación ‘SEC-EXCELENTE’  a  decena  de hospitais españois que cumpren os estándares de calidade para adherirse a este procedemento.

Segundo explica o responsable da Unidade de Arritmias, o doutor Enrique García “estes dispositivos cardíacos son tecnoloxicamente cada vez máis avanzados e están en continua evolución e innovan, polo que o seu seguimento é moi complexo. A acreditación recibida é un recoñecemento ao noso labor, ratifica a calidade asistencial das nosas prestacións e, sobre todo, supón un estímulo para seguir traballando co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos pacientes con enfermidades cardiovasculares”-.

Máis de 500  dispositivos cardíacos  anuais

A Unidade de Arritmias do servizo de Cardioloxía do Álvaro Cunqueiro dispón de dúas salas de Electrofisioloxía, nas que se realizan técnicas e procedementos terapéuticos para o diagnóstico e tratamento das arritmias, como son as ablacións e os implantes de dispositivos cardíacos -marcapasos, desfibriladores  e holters-.

As arritmias cardíacas -alteración do ritmo cardíaco- son patoloxías moi prevalentes. A máis frecuente, a fibrilación auricular, afecta a entre un 3-4 % da poboación.

O CHUVI é referente  do sur de Galicia para procedementos de ablacións cunha poboación de un millón de habitantes. O pasado ano, a Unidade de Arritmias realizou máis de 500 implantes de dispositivos cardíacos.

También te puede interesar