RGPD - Cookies
Comarcas

O Concello de Redondela levará a rede de saneamento ata o Colexio de Porto Cabeiro, que carecía deste servizo

Unha vez obtidas as autorizacións necesarias- do Ministerio de Fomento e da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)- o Concello de Redondela vén de iniciar o procedemento de licitación para contratar a obra de saneamento para levar o mesmo a vivendas e Colexio de Porto Cabeiro.

A obra, que ten un orzamento de 135.000€ consistirá na instalación de 1.400 metros de tubaxes en PVC coa construción de 69 pozos de rexistro que garantiran o bo funcionamento da rede.

Coma subliña a concelleira de Vías e Obras, María José Barciela, “trátase dun proxecto de gran importancia xa que non so se lle dará saneamento a mais dunha vintena de vivendas tamén se lle dará este servizo ao a un colexio que carecía deste servizo”.

También te puede interesar