Ciencia y Tecnología Comarcas

@depo_es contratará un servizo de ‘copias de seguridade na nube’ que tamén levará aos concellos de menos de 20.000 habitantes

O Goberno da Deputación vén de aprobar o expediente para a contratación o ‘servizo de copias de seguridade na nube’ no organismo provincial, por un valor de 378.000€. Trátase dun servizo de copia de seguridade para recompilar os datos da institución que permitirá o traslado da actual xestión que se realiza nos Centros de Procesos de Datos a un servizo proporcionado por un provedor externo de tipo “Cloud”.

A presidenta amosou a súa satisfacción e asegurou que “a Deputación de Pontevedra está a ser unha das administracións máis avanzadas tecnoloxicamente”. Ademais, Carmela Silva salientou que este cambio de modalidade de copia de seguridade permitirá manter e mesmo mellorar a calidade do servizo actual á vez que se logra unha redución considerable dos custos a longo prazo, debido á eliminación da necesidade de realizar novos investimentos en equipamentos e aforrar en mantemento.

Con este cambio, a Deputación de Pontevedra garante a dispoñibilidade de datos e o cumprimento de distintas normativas como o Regulamento Xeral de Protección de datos ou o Esquema Nacional de Seguridade. Silva adiantou que nos vindeiros días van presentar unha nova proposta aos concellos, con coste cero, sobre o cumprimento da Lei de Protección de Datos, “trátase dun proxecto que temos para que os concellos de menos de 20.000 habitantes poidan cumprir esta Lei”.

También te puede interesar