RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Destacados

Os traballadores de Vitrasa empezan as mobilizacións contra as condicións laboráis e as «contratacións fraudulentas»

Logo de tres semanas denunciando o que cualifican de “degradación das condicións laboráis” e de “contratacións fraudulentas por parte da empresa”, o comité de Vitrasa deu inicio a unhas mobilizacións que procuran que os responsábeis da concesionaria  se senten a negociar.

Este xoves 20 de setembro decorreu a primeira das protestas, que consistiu no despregue dunha faixa reivindicativa ás portas das instalacións da empresa, “outorgando á dirección unha nova oportunidade para abordar as demandas antes de escalar as mobilizacións”.

O comité sinala, así mesmo, que fixo entrega dunha nota dirixida ao Concello onde se denuncian as ilegalidades cometidas e solicita a súa implicación de cara á mediación coa empresa. Advirten de que se para a semana vindeira non se desen pasos de cara á resolución do conflito, simultanearían concentracións ante a sede municipal -dando inicio o 27 de setembro- e na da propia Vitrasa.

Se todo isto non fructifica, formularían ante a asemblea de traballadores do vindeiro día 29 de setembro a necesidade de incrementar as accións, «sen descartar ningunha posibilidade». Sobre a mesa está a necesidade de resolver as irregularidades en eventualidade, horarios de percorrido, uniformidade, horas extra ou baños, entre outras.

Indican finalmente, e de cara á veciñanza de Vigo, que están a esgotar todas as vías posíbeis de diálogo “antes de que nos aboquen a deter un servizo tan esencial como é transporte público da cidade”.

También te puede interesar