Galicia

Feijóo: “os galegos non somos como o alcalde de Vigo. Somos xente seria”

O presidente do Goberno de Galicia comparecerá, a petición propia, na comisión que investigará no Parlamento galego, impulsada pola oposición, para tratar dos “recortes” na sanidade e a falla dle medicamentos para pacientes de Hepatite C. O propio Feijóo confirmouno nunha rolda de prensa que serviu, ademáis, para arremeter contra o alcalde de Vigo.

O presidente salientou que haberá dúas comisión de investigación pedidas pola oposición, algo que salientou sería “inconcibible” no Concello de Vigo. Feijóo , quen asegurou que a investigación dos recortes en Sanidade será unha oportunidade para defender a xestión do seu goberno, respostou sobre si tamén estará na de O Marisquiño que sinalando que entendía- en referencia a Abel Caballero- que “alguén poida estar enfadado” e preguntouse  “por qué se opuxo a crear a comisión no Concello se realmente non ten responsabilidade”.

A xuizo do presidente o que quere o alcalde de Vigo é “responsabilizar a todos agás ao que outorgou a licenza” e engadiu que “este disparate e estas actitudes do alcalde de Vigo supoñen unha clara declaración de culpabilidade”.

Para Feijóo Abel Caballero “vai necesitar moitos shows e moitas máis lámpadas para poder eclipsar as súas responsabilidades. E a min os shows e as lámpadas non me producen ningún efecto, máis aló de lamentar as chirigotas sobre galegos que se fixeron en moitísimos programas nacionais e que me parecen inxustas. Os galegos non somos como o alcalde de Vigo. Somos xente seria“.

También te puede interesar