Galicia Sucesos

Un antigo técnico de Renfe afirma no Congreso que as vías de Angrois eran unha chapuza e os trens modelo S730 están “feitos de retallos”

José Enrique Villarino, que foi técnico de Renfe Operadora, subliñou na súa declaración este mércores na Comisión do Congreso que investiga o accidente de Angrois de xullo de 2013 no que morreron 80 persoas, que o treito de alta velocidade fora inaugurado antes de tempo por “intereses políticos”.

Villarino subliñou que o proxecto inicial, que fora iniciado 15 anos antes alterárese moi apreciablemente xa que, ademáis do cambio de ancho da vía non se levaron os sistemas de seguridade ata a mesma estación de Santiago e que á vista delo era inexplicable manter a curva da Grandeira coma de alta velocidade.

Así mesmo, Villarino arremetru contra a construcción mesma da vía, contra o seu trazado e contra os trens modelo S730 que, asegurou, están feitos de “retallos” e son unha “chapuza”.

También te puede interesar