Galicia Sucesos

Un antigo técnico de Renfe afirma no Congreso que as vías de Angrois eran unha chapuza e os trens modelo S730 están «feitos de retallos»

José Enrique Villarino, que foi técnico de Renfe Operadora, subliñou na súa declaración este mércores na Comisión do Congreso que investiga o accidente de Angrois de xullo de 2013 no que morreron 80 persoas, que o treito de alta velocidade fora inaugurado antes de tempo por “intereses políticos”.

Villarino subliñou que o proxecto inicial, que fora iniciado 15 anos antes alterárese moi apreciablemente xa que, ademáis do cambio de ancho da vía non se levaron os sistemas de seguridade ata a mesma estación de Santiago e que á vista delo era inexplicable manter a curva da Grandeira coma de alta velocidade.

Así mesmo, Villarino arremetru contra a construcción mesma da vía, contra o seu trazado e contra os trens modelo S730 que, asegurou, están feitos de “retallos” e son unha “chapuza”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.