RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

@depo_es empeza esta fin de semana no Castelo de Soutomaior a actividade ‘Vendima con nós’

A Deputación de Pontevedra celebra desde esta fin de semana a actividade “Vendima con nós” no Castelo de Soutomaior, unha nova aposta polo turismo sustentable e orientada a amantes do enoturismo e familias con ganas de aprender e coñecer en que consiste a vendima.

As persoas interesadas en participar nestas visitas guiadas, que se celebrarán os días 22 e 23 de setembro entre o mediodía e as 5 da tarde, e a partir do día 25 que previsiblemente será a data de inicio da vendima nos viñedos do Castelo, deberán inscribirse a través do correo electrónico [email protected], ata chegar a un máximo de grupos de 25 persoas.

Máis polo miúdo, tanto o sábado como o domingo, a xornada dará comezo as 12 da mañá na caseta do Castelo e a partir de aí comezará unha visita na que os participantes se desprazarán cara a zona de viñedos. Durante esta actividade, que terá unha duración aproximada de unha hora e 2 quilómetros de distancia, abordaranse cuestións relacionadas co tipo de uva, a situación dos viñedos, en que consiste a vendima e outras explicacións relacionadas con esta tarefa.

Precisamente este venres remata o prazo de solicitudes das empresas que queiran optar a realizar a vendima no Castelo. A firma, seleccionada a través dunha poxa pública mediante procedemento aberto, comezará os traballos da explotación vitivinícola previsiblemente a partir do día 25. Todas as persoas interesadas poden acercarse ao castelo e presenciar esta colleita “en vivo e en directo”.

También te puede interesar