Destacados

Caballero pide “consumo responsable” aos 9 alcaldes e alcaldesas dos concellos “aos que Vigo abastece de auga”

Abel Caballero enviou unha carta a todos os alcaldes e alcaldesas dos concellos aos que Vigo abastece de auga –Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Gondomar, Salceda, Nigrán, O Porriño e Mos– pedíndolles “consumo responsable” e que implementen as mesmas medidas de aforro que adoptou Vigo, coa supresión de baldeos.

O alcalde explicou que no que vai de ano, Vigo aforrou un 4,5% no consumo de auga,”o dobre que o promedio do resto dos nove concellos aos que abastece que é dun 2%”, e salientou que nestes nove primeiros meses do ano, un dos concellos aumentou nun 11% o seu consumo polo que lle vai enviar ao rexedor unha comunicación singular reclamándolle gasto de auga responsable.

Caballero reiterou a necesidade de facer o “máximo aforro posible” porque non hai previsión de choivas e aprazou ata o próximo luns a decisión de adoptar eventuais novas medidas.

También te puede interesar