Galicia Sucesos

71 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semana sen mortes nas estradas de Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 71 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 14, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 16 dde setembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 57 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 71 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en cinco sinistros, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 62 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en seis  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar