Cultura Vigo al minuto

A Asociación Veciñal de Teis celebra este domingo a súa festa anual na praza da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, celebra este vindeiro domingo súa 13ª festa anual na praza da ETEA cun completo programa de actividades que comezará as 12:30 horas coa actuación da Banda Escola de Beade, ás 2 da tarde desenvolverase o xantar na propia praza.

O programa de actuacións inclúe os grupos de gaitas da asociación e de Pardavila ás 5 e media da tarde, Vento Mareiro -Forza 5 ás 7  e do grupo folk Pes na Rúa de Pereiras, Mos ás 8, ademáis de 5 a 8 da tarde funcionaran inchábeis de tobogáns acuáticos

“Este é o cuarto ano, que celebramos a festa da asociación na ETEA, co obxectivo de reivindicar a recuperación total destes terreos, que se atopan nunha situación de abandono desde a saída dos militares. E o potencial deste espazo para a realización de eventos culturais”, sinalan dende a asociación.

También te puede interesar