Galicia Vigo al minuto

O Consorcio do Casco Vello de Vigo compra un novo edificio para rehabilitar na rúa San Francisco

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), vén de dar o visto e prace á adquisición dun nova edificación, a primeira na rúa San Francisco por 125.000€.

O inmoble agora adquirido conta cunha superficie construída de 318 metros cadrados, dividido en catro plantas -baixa e tres alturas- e fachada posterior á rúa Caramuxo. A edificación, do ano 1900, está en moi mal estado pese a ser obxecto de diversas actuacións como a adición dunha terceira planta ao seu deseño orixinal ou a modificación do tamaño dos ocos da súa fachada para mellorar o acceso a un local comercial, sen actividade na actualidade, sinalan dende o Consorcio.

O Plan Especial de Reforma Interior do Casco Vello recolle como elementos salientabeis do edificio a carpintería exterior, os balcóns e varandas, a porta na planta baixa e a fachada de pedra cara á rúa San Francisco, que deberán ser conservados ou repostos ao seu estado orixinal no momento da súa rehabilitación. Este mesmo documento recolle a necesidade de mellorar o aspecto da fachada posterior, realizada con materiais de moi baixa calidade.

También te puede interesar