'Qué te cuentas?' Galicia

@MareaVigo culpa ao alcalde da situación dos traballadores da ORA e pídelle que os reciba

Marea de Vigo incidiu este martes na responsabilidade “última e máxima” do alcalde de Vigo na situación do cadro de persoal de Dornier, en folga tras os 8 despedimentos da concesionaria, tal e coma sinalara, no mesmo senso, hai uns días, a voceira do Partido Popular.

“Abel Caballero, como alcalde, como o presidente da Xunta de Goberno Local e como asinante da mesma que decidiu adxudicar o contrato deste servizo a Dornier, ten que recibir ao conxunto das traballadoras e traballadores desa concesionaria. Agora, debería explicarlles a cada un deles e delas como vai materializar ese apoio que daba no Pleno do Concello cando dicía que mentres el fora alcalde non habería despedimentos”, declarou aos medios o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez.

Ao seu xuizo, “as causas para botar a esta empresa fóra da concesión están claras, e non existe motivo algún para acudir a ningún organismo xurídico posto que a propia documentación coa que as empresas participaron na licitación reflicte perfectamente as condicións do contrato”, condicións, segundo a Marea de Vigo, que “se están incumprindo dende o inicio da vixencia do contrato. O prego do contrato que asinou esta empresa contén un listado do persoal a subrogar, polo que, de modo inmediato, estes despedimentos significaron xa a anulación do contrato, non fai falla ir máis lonxe”, salientou Pérez.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo cuestiónase os motivos polos que este contrato foi adxudicado deste xeito, e alerta que vai ir tras esta empresa en todos os contratos que ten asinados neste Concello -XER e o aparcadoiro da Praza de Portugal- xa que “non debería figurar en ningún deles”.

Para Rubén Pérez, “o máis grave e que, sabendo tanto o Goberno local como a empresa o custe dos salarios da Xestión do Estacionamento Regulado, Dornier decidira ofertar cun 30% de rebaixa, e o goberno decidira adxudicarlles o contrato”.

También te puede interesar