Galicia Vigo al minuto

Vigo recibe ás alumnas e alumnos de Medicina que cursan o seu último ano nos hospitais da cidade

Vigo recibiu este luns ás alumnas e alumnos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago que cursarán sexto ano de grao nos centros sanitarios públicos da cidade. En total son 86 estudantes -58 mulleres e 28 homes-.

O salón de actos do Hospital Álvaro Cunqueiro serviu de escenario para a recepción  oficial deste curso académico 2017/18, nun evento que estivo presidido polo xerente da Área Sanitaria Vigo, Félix Rubial e polo coordinador de Docencia de Grao, José Ramón Fernández Lorenzo.

En Vigo hai un millar de alumnos e alumnas que están cursando estudos  de distintas disciplinas nos centros sanitarios.  Con esta nova promoción de Medicina que hoxe se incorpora se consolida a capacidade docente da sanidade pública viguesa “xa que o feito de elixirnos para completar o grao é  unha decisión voluntaria por parte dos estudantes o que indica que dispoñemos dunha organización sanitaria perfectamente preparada para ofertar unha formación practica de calidade”.

Os alumnos de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas. En total, traballan sete materias: clínica médica, clínica cirúrxica, urxencias e servizos centrais, clínica obstétrica e xinecolóxica, clínica pediátrica, clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria. Durante este período lectivo, os alumnos cumpren un horario de 8 da mañá a 3 da tarde e tamén realizan  gardas.

También te puede interesar