Galicia Sucesos

Unha persona morta e 65 feridas nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 66 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 7, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 9 de setembro.

A Central de Coordinación do 061recibiu nestes días 57 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 48 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon un total de 66 persoas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, a ambulancia asistencial de soporte vital avanzado acudiu en dous sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 57 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros.

En 62 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en tres  ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar