Comarcas

Fin de semana de concienciación ambiental nas praias de Area Grande e O Muíño en A Guarda

Durante a pasada fin de semana as praias de Area Grande e O Muíño, de A Guarda, ámbalas dúas con bandeira azul, acolleron dúas actividades medioambientais destinadas ao fomento de boas prácticas nos areais do concello.

Para este fin, e en coordinación coa concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, o sábado 8 de setembro a en Area Grande desenrolouse a primeira destas actividades para concienciar aos bañistas de cal é a duración real dos refugallos que se verten nas nosas praias. Sorprendeu nesta xornada a alta participación, amosando os bañistas un grande interese por esta actividade e por coñecer canto tardan en desaparecer do noso medioambiente os diferentes elementos que alí se amosaron.

A segunda actividade realizouse o domingo día 9 de setembro na Praia do Muíño, onde a través de varios obxectos, e en modo de xogo, os participantes puideron descubrir por exemplo canto tempo tarda en desaparecer unha botella de cristal, ou unha cabicha, entre un total de 12 produtos.

Os participantes destas dúas xornadas medioambientais víronse moi sorprendidos, por exemplo, co tempo que tarda en desaparecer unha «palliña» das que se empregan para os refrescos, que pode tardar ata 200 anos en descompoñerse, ou unha botella de cristal, que pode tardar ata 4.000 anos.

 

Por este motivo é preciso facer que a xente saiba os tempos que tardan en desaparecer estes residuos do noso medio ambiente, para concienciar sobre outros usos, reciclaxe, emprego de papeleiras e contedores, entre outros, para entre todos, manter as nosas praias e contribuír ao mantemento do noso medioambiente.

También te puede interesar