Deportes

Últimos días para inscribirse na proba BTT do ‘Depodesafío 2018’ que percorrerá Cerdedo-Cotobade

O vindeiro domingo 16 de setembro terá lugar en Cerdedo-Cotobade a cuarta e penúltima proba do “DepoDesafío 2018”, que consistirá nunha carreira de BTT nun percorrido de 35 quilómetros. Para esta proba o prazo de inscrición continúa aberta ata as 11.00 horas do venres 14 de setembro para todas aquelas persoas que non se teñan anotado a todas as probas do “DepoDesafío 2018”. A inscrición pode realizarse premendo aquí.

Antes da carreira BTT de Cerdedo-Cotobade xa tiveron lugar outras tres probas enmarcadas no “DepoDesafío 2018” da Deputación de Pontevedra. En concreto, os e as participantes que están inscritas a todas as probas e aqueles que anotáronse individualmente a algunha das mesmas puideron gozar dunha carreira a pé entre Tomiño e A Guarda, dunha travesía a nado no Grove e dun trail de montaña na Cañiza.

Tras estas tres probas, e a falta de celebrarse o BTT do domingo en Cerdedo-Cotobade e o tríatlon de Vigo, lideran a clasificación xeral do “DepoDesafío 2018” Mónica Mezquita e Brais Misa. Así, atravesado o ecuador da competición, Mónica Mezquita acumula 520 puntos, 5 máis que Ariana González e 115 máis que Cristina Fernández. Pola súa banda, Brais Misa, con 480 puntos, avantaxa a Ricardo Rey en 35 puntos e a David Garrido en 95.

Ao finalizar todas as probas organizadas pola institución provincial gañarán a muller e o home que rematen ao menos 4 probas e consigan o maior número de puntos. Tanto a gañadora como o gañador recibirán un trofeo e un dorsal personalizado e intransferible para o maratón de Berlín, voo e aloxamento para el/ela e acompañantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.