Galicia

O persoal de Maderas Iglesias segue adiante coa folga indefinida

As traballadoras e traballadores, que levan xa máis dunha semana de paro, advirten de que non deixarán o mesmo mentres non cobre o que lles adebeda a empresa- unha nómina e unha paga extra- e os seus directivos non se senten a negociar un novo convenio.

O persoal desbota facerlle caso ao concelleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que pediulles que deixen a folga para facilitar a entrada na empresa dun novo socio inversor. Conde manifestou que a situación de Maderas Iglesias é “moi grave”, considerando que o total da súa débeda é duns 55 millóns de euros.

Os traballadores esixiron, pola contra, que a Xunta negocie ese débeda directamente cos bancos o cal axudaría a que desistan na súa actitude que pon en perigo a continuidade da empresa e dos 200 empregos da mesma.

También te puede interesar