Destacados Vigo al minuto

Esta fin de semana preto do Marco IV Festival ‘No Tengo Mamá’

Esta fin de semana –días 7 e 8 de setembro- celebrarase nas inmediaciones do Museo Marco o ‘IV Festival No Tengo Mamá’, que ten como obxectivo crear un espazo aberto para artistas, colectivos culturais e editoriais.

O ‘corazón’ do festival é un mercadiño no que este ano reuniranse un total de 40 artistas, colectivos culturais e pequenas editoriais, achegados dende todo o territorio galego e tamén peninsular.

Os organizadores alientan que “o noso obxectivo é crear un espazo aberto para que estes artistas, habitualmente ignorados polos mass media e os circuítos artísticos e editoriais comerciais, teñan a oportunidade de difundir a súa obra e monetizala, de forma que poidan darlle continuidade”.

Banda deseñada, artes gráficas en xeral e música serán as disciplinas centrais, aínda que atoparemos outras propostas moi diversas. En torno a estas artes xiran todas as actividades programadas: obradoiros, concertos, coloquios, intervencións artísticas… Dúas xornadas de actividade continua e completamente de balde, nas que os creadores novos e/ou independentes e a creación artística son os absolutos protagonistas.

También te puede interesar