RGPD - Cookies
Galicia

@CascoVelloVigo organiza dende este venres, día 7 de setembro, as III Xornadas do Mar

A Asociación Veciñal e Cultural  Casco Vello de Vigo organiza as III Xornadas do Mar que terán lugar no Centro Camo᷉es, Praza da Almeida os días 7,14,21 e 28  de setembro a partir das 8 da tarde.

“Conscientes de que o mar e as industrias que arredor del se crearon foron o berce onde se desenvolveu a cidade empezando no Casco Vello onde se reunían a meirande parte dos antigos poboadores da vila, queremos darlle presenza á historia e ás historias que arredor dese espazo se crearon”, sinalan os organizadores.

Así ao longo deste mes organizarán catro actos nos que queren presentar varios aspectos deste patrimonio xuntando cultura, música e gastronomía.

Venres 7: inauguración da exposición fotográfica  “Os retratos do mar” do fotógrafo vigués Anxo Cabada. A continuación Gonzalo Méndez falará sobre “A ría dende a Reconquista ata hoxe”. Xurxo Souto porá a parte musical

Venres 14: Serxio Regueira, membro da Asociación pola defensa da ría e Cies falará sobre”Os usos sustentabeis da ría” pondo a nota musical os Gaiteiros do Casco Vello

Venres 21: “Dende os peiraos.Memorias do Berbés” a cargo de Pilar Alonso Sánchez autora do libro do mesmo nome. A continuación concertó a cargo do Orfeón Mariñeiro do Berbés

Venres 28: “Os cefalópodos na ría de Vigo” a cargo de Manuel E. García Blanco do IIM de Vigo. A música estará a cargo de Grupo Clásico Catro.

Como colofón das xornadas, e fora de programa, o venres 5 de outubro proxectarase o documental cedido polo Museo do mar de Ilhavo titulado “As campañas do Argus” filme no que se retratan as duras condicións de vida dos mariñeiros portugueses de principios do século XX cando ían ao norte á pesca do bacallau.

Ao final de cada un dos actos os asistentes irán aos locais de hostalería do barrio para degustar a gastronomía relacionada co mar.

También te puede interesar