Ciencia y Tecnología Galicia

@depo_es, @AsNevesConcello e @ADEGAgz asinan un convenio que permitirá as veciños compostar os residuos dende 2019

O ‘Plan Revitaliza’ da Deputación de Pontevedra vai permitir ao Concello de As Neves mudar o seu modelo de xestión de lixo e compostar todos os biorresiduos da súa veciñanza a primeiros de 2019.

Este luns, o vicepresidente César Mosquera, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e a presidenta da asociación ecoloxista Adega, Virxinia Rodríguez, asinaron un convenio de colaboración polo que nos vindeiros meses se van realizar charlas de formación sobre compostaxe e repartir 1.300 composteiros individuais entre as familias da vila que dispoñen de casa con horta, co obxectivo de que pasen a compostar o seu residuos orgánicos en lugar de depositalos nos colectores verdes.

Coa distribución dos 1.300 composteiros individuais e a instalación dos cinco centros de compostaxe comunitaria, o Concello de  As Neves será un dos primeiros da provincia -xunto con Vilaboa, Mondariz, Mondariz Balneario, O Grove e Pontevedra- e de todo o Estado que compostará todos os seus biorresiduos. Deste xeito cumplirá coa normativa sobre biorresiduos tanto da Unión Europea como a súa transposición estatal, que obriga a que os concellos recollan de xeito separado o 100%  do lixo orgánico e o traten de xeito específico en 2020.

Os 1.300 composteiros individuais distribuiranse á par das xornadas de formación para a veciñanza que desenvolverán os mestres e mestras composteiras da Deputación xunto co persoal de Adega. Iranse programando encontros de xeito sucesivo nas parroquias e servirán para que, ademais de adquirir coñecementos, os propietarios de vivendas con horta recollan o seu composteiro xunto co material necesario para compostar (aireador, termómetro, guía…).

O convenio asinado hoxe entre Deputación de Pontevedra, o Concello de As Neves e a asociación ecoloxista Adega para realizar todo este traballo ascende a 92.430 euros, unha cifra que se suma á axuda económica de 197.597,39 euros concedida pola Deputación ao Concello de As Neves para desenvolver o Plan Revitaliza (o  87,06% do orzamento solicitado para mercar composteiros individuais, colectivos e materiais complementarios).

Nestes momentos o Concello de As Neves ten instalado un centro de compostaxe comunitaria na rúa da Esperanza na que están a depositar os seus biorresiduos 80 familias da vila.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.