Comarcas

@ArboConcello remata diferentes obras e melloras en varias parroquias da vila

Seguindo o Plan de Mantemento e Mellora de Estradas e Espazos Municipais o Concello de Arbo vén de rematar as obras na Estrada de A  Granxa.

O traballos abrangueron  a mellora na recollida de augas pluviais, colocación de tubaxes e peche de beiravías, obras que tamén rematáronse no lugar de Eidos de Abaixo, na parroquia de Sela.

Durante o pasado mes de xullo, no barrio de Barcia colcouse unha varanda na Capela de San Roque para maior seguridade, rematouse o recheo de fochancas en todas as estradas e , procedeuse a limpeza do Parque Empresarial. Así mesmo, están colocados xa os novos colectores, puntos de alumeado e xa funciona a recollida de lixo en zonas nas que non había.

También te puede interesar