Ciencia y Tecnología Destacados

@depo_es crea unha APP con información turística do territorio do río Miño transfronteirizo

A Deputación de Pontevedra está traballando na creación dunha aplicación móbil con información sobre rutas turísticas e puntos de interese do territorio do río Miño transfronteirizo, “co obxectivo de potenciar o coñecemento da extensa e variada oferta turística da rexión”.

Esta iniciativa, segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Rio Minho Uxío Benítez, “supón unha importante posta en valor do patrimonio natural e cultural do territorio común entre Galiza e Portugal e forma parte das actividades incluídas dentro do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho”.

A APP permitirá aos usuarios pescudar, visualizar e organizar dende os seus dispositivos móbiles os enclaves de maior interese así como rutas, dispondo de diversos tipos de filtros de información.  A empresa encargada do deseño é a portuguesa Bonus Itineris – Cooperativa de Qualificação Turistica e Territorial – CRL, quen resultou adxudicataria cunha proposta de 14.756,05 €, e que presenta unha importante traxectoria en proxectos similares. A iniciativa busca a adopción dunha estratexia coherente de promoción do territorio do río Miño transfronteirizo como destino turístico, apuntou Benítez.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.